XXX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2017 – 2.300 €
O Concello de Dodro, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, manifestación sobranceira da nosa literatura, convoca a XXX edición do PREMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.
Poderán presentarse a este concurso os/as poetas de calquera nacionalidade, sempre e cando os traballos presentados estean escritos en lingua galega e se axusten aos parámetros normativos do xénero narrativo que se convoca.
A dotación do premio ascende a 2.300 €, importe sobre o que se efectuará a correspondente retención fiscal.
O Concello de Dodro comprométese a publicar a obra gañadora, dentro do ano 2018, cunha editorial de recoñecido
prestixio.