Buscar por

XXII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta – 3.000 euros #linguagalega

[adrotate banner=»1″]

cartel_e_bases_lueiro_2015_Páxina_1O Concello do Grove convoca esta XXII edición do certame coa finalidade de honrar a memoria do escritor Manuel
Lueiro Rey e, asemade, coadxuvar na promoción da escrita literaria en lingua galega e na divulgación das súas
autoras e autores, a través dun convenio coa editorial Sotelo Blanco.

Este premio de novela curta, dotado con 3.000 euros, vaise rexer polas seguintes BASES:

PRIMEIRA. Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente o seu texto en lingua galega,
conforme as normas ortográficas vixentes. Os textos presentados, amais de seren inéditos e totalmente orixinais,
non poderán ter sido publicados, ou divulgados, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico. Os
textos presentados han ter unha extensión mínima de cincuenta (50) páxinas e unha extensión máxima de cen
(100) páxinas, tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente,
espazamento entre liñas de 1,5 (espazo e medio) e as follas deberán de estar paxinadas.

SEGUNDA. De cada un dos textos concorrentes, presentaranse cinco copias en papel e unha en soporte dixital,
nun documento de procesador de textos, antes do día 15 de agosto do presente ano (2015), remitíndoas ao enderezo
seguinte:
XXII Premio Manuel Lueiro Rey
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Rúa Monte da Vila, 11
36980 O Grove
Pontevedra

TERCEIRA. Xunto co texto en papel e en soporte dixital, que será enviado sen que sexa recoñecible a autoría da
escritora ou escritor e que irá precedido polo título e o lema escollido, xuntarase un sobre pechado que leve escrito por fóra “XXII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta”, o lema e mais o título e que no seu interior conteña o nome, apelidos e NIF, enderezos postal e electrónico, e os teléfonos de contacto da súa autora ou autor.
CUARTA. O xurado, cuxos membros serán dados a coñecer antes da concesión do premio, estará composto por
cinco especialistas en literatura. Un deles será a gañadora ou gañador (que poderá ser substituído pola/o finalista) da edición anterior do premio, dous serán nomeados polo Concello do Grove e os dous restantes participarán en representación de Sotelo Blanco Edicións. O premio único outorgarase por maioría simple de votos. Actuará como secretario/a do xurado, con voz e sen voto, un técnico do concello. Tamén poderá estar presente durante a deliberación a concelleira ou o concelleiro delegado.

QUINTA. Calquera incidencia ocasionada na interpretación destas bases será solucionada pola maioría simple
dos membros do xurado. A decisión do xurado, que será inapelable, darase a coñecer entre os meses de outubro
e novembro do ano 2015.

SEXTA. O premio, que é indivisible, poderase declarar deserto, caso de o xurado así o estimar en decisión
inapelable. Para tal circunstancia, de cinco votos posibles, terá que darse o caso de que unha obra non sume un
mínimo de tres dos votos do xurado.

SÉTIMA. A entrega do premio terá lugar nun acto público nunha data que se anunciará coa suficiente antelación.

OITAVA. A editorial Sotelo Blanco, segundo un convenio asinado co Concello do Grove e en calidade de entidade
colaboradora, resérvase o dereito de publicación, sen limitación do número de exemplares da primeira edición nin
das reimpresións, da obra gañadora, reservándose tamén os dereitos preferentes de edición desta en lingua
galega coa posibilidade de cederlle tales dereitos a terceiros.
A contía do premio considerarase unha entrega á alzada en concepto de adianto polos dereitos de autor. A
beneficiaria ou beneficiario do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre
os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente vinte e cinco (25) exemplares da obra publicada, que lle serán
entregados pola editorial que publica a obra. Todo isto sen menoscabo do regulado pola Lei da propiedade
intelectual vixente, que prevalecerá sobre o convenio mencionado.

NOVENA. Os orixinais non premiados poderanse recuperar, con cargo ás autoras e autores concorrentes,
pasados quince días da data do veredicto. Os orixinais que non fosen retirados destruiranse pasados trinta días da
emisión da decisión do xurado.

BASE FINAL. A participación neste premio significa a completa aceptación das presentes bases e mais das
decisións do xurado que se designe.

O Grove, abril de 2015