XX Premio Johán Carballeira Poesía – 1.500 € #gallego
Poderán concorrer a el tódalas autoras e autores que presenten os seus orixinais escritos en lingua galega. Os textos, cuxa extensión deberá superar os 400 versos, terán que ser inéditos e non estar premiados en anteriores convocatorias do premio nin en ningún outro concurso de poesía.
A presentación dos traballos poderase facer por calquera das dúas vías seguintes: EN PAPEL / POR CORREO ELECTRÓNICO.
O prazo de presentación dos orixinais remata o 16 xaneiro de 2017.
O premio terá unha dotación única de 1.500 €.
O premio inclúe ademais a publicación da obra gañadora por parte do Concello de Bueu. A obra publicarase con Edicións Xerais de Galicia.