XIV Premio Johán Carballeira Xornalismo – 1.500 € #gallego
O certame está aberto a traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero periodístico, publicados con firma ou pseudónimo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016. Os traballos, que deberan ter sido publicados en medios impresos ou dixitais, estarán escritos en lingua galega.
A presentación dos traballos poderá facerse por calquera das dúas vías seguintes: Papel / correo electrónico.
O prazo límite para a recepción dos traballos que participen neste certame péchase o día 16 de xaneiro de 2017.
O premio terá unha dotación única de 1.500 €