Premio RISCO de Creación Literaria – #narrativa #linguagalega 6.000 euros
O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, convoca un premio anual de CREACIÓN LITERARIA, co fin de abranguer os diferentes campos da obra, non só de quen foi veciño ilustre desta vila, don Vicente Martínez-Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez-Risco Fernández, veciños que foron desta ilustre cidade. Ao PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA do xénero narrativo, poderán presentarse novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc. Exclúense, polo tanto, teses académicas ou traballos especificamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais.
Para este fin, e tendo en conta a colaboración e opinión da Fundación Vicente Risco, redactáronse as seguintes BASES:
Primeira Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300.
Segunda O prazo de entrega remata o venres día 22 de setembro de 2017 e o lugar de presentación será no Rexistro Xeral do Concello de Ourense (Praza Maior, 1-Ourense 32005).
Terceira Para garantir o anonimato de autoría, os orixinais presentaranse por sextuplicado en soporte de papel en tamaño DIN-A4 mecanografados en letra tipo Times New Roman de corpo 12 .
Os orixinais irán acompañados dun único sobre pechado, que conterá a identidade do/a autor/a (nome completo, enderezo postal e electrónico e teléfono) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior, exclusivamente, o título ou lema da obra.
Cuarta A obra gañadora será premiada con 6.000 euros e a publicación de 150 exemplares do libro. O importe do premio concederase con cargo á aplicación orzamentaria 200 3340 48951 do orzamento do Concello de Ourense prorrogado para o exercicio 2017.
Quinta O Xurado estará composto por cinco persoas escollidas entre personalidades recoñecidas do mundo da literatura. A presidencia será exercida pola persoa designada polo Concello de Ourense.
Sexta Se a calidade literaria das obras no fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.
Sétima O Excmo. Concello de Ourense, considera a contía do premio en concepto de adianto polos dereitos de autoría e resérvase o dereito de publicación da primeira edición en papel da obra gañadora. O/A beneficiario/a do premio recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada. Asemade, a persoa gañadora do premio formará parte do xurado na seguinte edición.
Oitava Os orixinais que non resulten premiados seranlles devoltos aos seus autores e autoras se os requirisen por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado.
Novena A participación neste premio leva de seu a aceptación das presentes Bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.
Ourense, maio de 2017
CONCELLERÍA DE CULTURA
Rúa da Canle 2 32004 – OURENSE
Tel: 988 391 290