I Premio XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO de Poesía – #linguagalega 2.000 euros
O Concello de Guitiriz, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, convoca o I PREMIO XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO DE POESÍA.
Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, cos seus poemas escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente da Real Academia Galega.
O prazo de presentación das obras remata o día 31 de decembro do 2015.
A dotación do premio, único e indivisible, que será de 2.000,00 euros, estará suxeita ao tratamento fiscal en vigor no momento da concesión.