I Premio de literatura Infantil y Xubenil Xosé Neira Vilas
1. Poderán participar todas as persoas menores de 30 ao fin desta convocatoria, sen importar nacionalidade, sempre que sexan obras escritas en idioma galego.
2. Cada autor poderá presentar ata tres textos, que deben cumprir as seguintes condicións:
a. Deben ser inéditos, non publicados nin premiados noutros certames.
b. Deberán presentarse mecanografados.
c. A extensión e xénero literario serán libres, coa condición de que sexan adecuadas para un público infantil/xuvenil e relacionadas coa realidade hospitalaria.
3. Deberán remitirse as obras por un dos seguintes medios:
a. Dixitalmente: mandar un único correo electrónico
a.i. Axuntando un documento Word co título da obra, que irá firmada por un pseudónimo.
a.ii. Axuntando un documento Word diferente co título “plica” e os datos persoais e de contacto do autor.
a.iii. Enviarase á dirección de correo concursoliterapia@gmail.com , facendo constar no asunto do correo electrónico “certame literario”.
b. Por correo ordinario: mandar nun único sobre
b.i. Enviarase a obra por duplicado nun sobre pechado, e irá firmada por un pseudónimo.
b.ii. Noutro sobre pechado dentro do anterior enviarase os datos persoais e de contacto do autor.
b.iii. A dirección a enviar é “Edificio Docente Roberto Novoa Santos, Rúa Choupana s/n 15782 Santiago de Compostela” e o destinatario “Literapia Estudiantes Sin Fronteras”.
4. O prazo de presentación terminará o 25 de outubro de 2013, non sendo válidos traballos recibidos por correo electrónico con posteridade desta data ou selados polo servizo de correos despois desa data.
5. Os premios serán:
a. 1º premio: 200€ e diploma acreditativo.
b. 2º premio: 100€ e diploma acreditativo.
6. O xurado poderá conceder os accésit que considere oportunos, que non recibirán premio en metálico pero si diploma acreditativo.
7. O xurado pode declarar os premios desertos se considera que ningunha obra presentada acada a suficiente calidade para ser meritoria do galardón.
8. Comunicaráselle ao gañador o premio, que terá que asistir á entrega do premio en Santiago de Compostela.
9. O xurado darase a coñecer o día da resolución e estará composto tanto por persoeiros dentro do mundo literario como por persoal do servizo de Pediatría e por representantes da asociación Estudiantes Sin Fronteras.
10. Os premiados ceden á Organización deste premio as facultades de uso, difusión, distribución, comunicación pública e exhibición sempre indicando o nome do autor, título e premio conseguido durante 5 anos. Despois o autor poderá dispoñer da súa obra e publicala, sempre especificando que recibiu este galardón.
11. O xurado resérvase o dereito a interpretar calquera dúbida ou incidencia que se poida producir durante o certame. As decisións do xurado son inapelables.
12. A participación neste certame supón a aceptación de todas as súas bases.
Para calquera dúbida ou aclaración pódense poñer en contacto cos Organizadores no correo electrónico literapiaesf@gmail.com.